Xornadas Design Thinking

Conferencia Design ThinkingOs vindeiros días 4, 6 e 7 de novembro contaremos con Pablo López na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que como especialista na técnica do Design Thinking amosaranos algúns dos seus segredos para explotar o potencial que temos gardado dentro.

Cómo? que inda non sabes que é o design thinking??

Que é o Design Thinking?

En poucas palabras trátase dun conxunto de métodos e procesos para abordar problemas, relacionados coa adquisición de información, análise do coñecemento e proposta de solucións. A creatividade para a xeración de solucións e a razón para adaptar esas solucións ao contexto no que nos atopamos.

WorkshopDT-uvigoNun contexto cada vez máis volatil é fundamental abordar os problemas con solucións creativas que incluan coñecementos multidisciplinares. Pablo daranos unha visión xenerica deste mundo tan amplo que nos permitirá atisbar a potencialidade desta nova caixa de ferramentas clave para o noso futuro e coa que intentaremos desenvolver unha práctica de aplicación destas técnicas.

Cómo se desenvolve a xornada?

Son catro xornadas independentes e introductorias, tres delas xa con data definida (4, 6 e 7 de novembro) e unha libre que se completará segundo a demanda, coa posibilidade que sexa con horario de mañá ou tarde.

A xornada do 4 de novembro desenvolverase en Inglés polo que se require un nivel de inglés aceptable (non é preciso certificado pero si fluidez no idioma), as dúas xornadas seguintes desenvolveranse en galego e castelán. Dependendo da demanda cuarta xornada desenvoverase nunha lingua ou noutra.

Onde vai ser?

Desenvolveranse na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, nunha aula por definir.

Cando?

Martes 4 de novembro: 16:00h

Xoves 6 de novembro: 16:00h

Venres 7 de novembro: 12:00h

Preinscrición:

A inscrición será por rigorosa orde de inscrición. Tratandose de uns talleres coma estes as prazas son moi limitadas polo que fai a túa preinscrición o antes posible.

Formulario de inscrición

Prezo:

Este taller está financiado pola Delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais sendo polo tanto gratuito para todos os e as asistentes.

Documentación promocional: inglés español

3 Comentarios en “Xornadas Design Thinking

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *