Voluntarizate na Uvigo!!!

Dende a Área de Voluntariado da Universidade de Vigo organízanse durante os días 29 de novembro a 1 de decembro as Xornadas Solidarias. (1ª parte).

cartaz xornadas voluntarizate

xornadas voluntarizate Uvigo

Esta iniciativa pretende dar resposta e canalizar a solidariedade que sabemos que existe na nosa comunidade. Sentir que as cousas poden ser mellores, e que nós podemos ser parte activa deste cambio, é a maior motivación para un voluntario. Ademais disto, non se precisa máis que unha colaboración adaptable coa túa dispoñibilidade e, a maiores da realización e satisfacción persoal obtidas, son moitas as avantaxes: pagamento dos gastos de desprazamento que se xeren como consecuencia do desenvolvemento da actividade, cobertura dun seguro durante a actividade, certificacións e ,xa de cara ao alumnado, posibilidade de recoñecemento de créditos como parte do plan de estudos cursado.

De todo isto e de moito máis falaremos nas  nosas xornadas abarcando dous aspectos principais: información con detalle sobre os nosos programas, xa que estarán presentes no centro comercial  mesas informativas das distintas asociacións colaboradoras nas que se integrarían todos os interesados, e sensibilización á comunidade universitaria a través das distintas charlas explicativas en temas de actualidade: hábitos saudables, educación afectivo-sexual, trastornos de alimentación, prevención das drogodependencias, promoción do patrimonio, defensa do medio etc.

Pregámosvos a todos un pequeno esforzo de asistencia a algunha destas charlas, que terán lugar no Edificio Miralles, Sala 4 (descarga o programa xornadas voluntarizate).

Todo o grande comeza por algo moi pequeno e cedendo parte do voso tempo para coñecer que cousas podedes facer para colaborar, é unha boa forma de facelo. Os interesados en acudir ás charlas podedes confirmar a vosa asistencia simplemente respondendo a este mesmo correo informando do voso nome e a charla a que desexades asistir.

AXUDÁDENOS A AXUDAR!

Pd: Para o alumnado, a asistencia a estas xornadas (1º parte) xunto coa asistencia á segunda parte das mesmas que terá lugar durante os meses de febreiro ou marzo, suporá o dereito ao recoñecemento a un crédito de libre elección ou ECTS

Máis info:

ÁREA DE VOLUNTARIADO

Edificio Miralles

986-813755

voluntariado@uvigo.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *