Problemas coa automatricula

erro durante a automatricula

erro durante a automatricula

Como moitos de vos me indicastes, o día 1 de agosto coa apertura do prazo da automatricula, existiron unha serie de problemas que vos impediron matricularvos. Unha vez postos en contacto co decanato podo confirmarvos que están ao tanto das complicacións, algunhas bastante graves, e dispóñense a arranxar na medida do posible os erros. Pido tranquilidade pois ninguén vai quedar sen matricular, temos a praza asegurada.

Polo que me contaron posiblemente teñan que facer o proceso de xeito manual, e sempre que sexa posíbel, tentaran facer a asignación o máis xusta, contando cos rexistros de acceso de data e hora,. Debemos ter paciencia pois é un traballo tedioso e a meirande parte da xente está de vacacións. Reitero, ninguén vai quedar sen praza, está asegurada para todos os alumnos que pasan de segundo a terceiro de ADE (que creo é onde estaba limitado o problema).

Se tedes calquera dúbida preguntade, inda que moita máis información non posuímos polo de agora.

Sen outra, desfrutade das vacacións que o 5 de setembro verémonos novamente 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *