Presentacións creativas

Cartaz do curso Presentacións Creativas

Cartaz do curso Presentacións Creativas

Temos o pracer de presentarvos un curso no que levamos bastante tempo traballando, tratase do curso de Presentacións Creativas. Con este curso búscase incrementar as habilidades dos alumnos e alumnas a hora de expoñer ideas de xeito efectivo ante un público ou tribunal.

Está pensado especialmente para persoas que teñan a necesidade de transmitir ideas a grupos ou equipos así coma as persoas que deban defender traballos fronte un tribunal, como pode ser o do Traballo Fin de Grao (TFG).

Instruiraste nos fundamentos do pensamento creativo, a como enfocar e a darlle unha volta ó xeito de pensar, a rachar os esquemas mentais que nos limitan a hora de explotar o noso potencial.

Aprenderás como estruturar o teu discurso, creando o storytelling da túa presentación de xeito que consigas cautivar as persoas que están fronte a ti, creando interese , xerando espectativa,…

Coñecerás e empregarás as mellores ferramentas informáticas que che axudarán a centrar a atención do teu público na túa historia, facendo que desexen escoitarte porque saben que lles tes que contar unha boa historia.

Para rematar terás a oportunidade de participar nun concurso onde poderás por a proba os coñecementos adquiridos durante o curso. Poderás defender se así o queres o teu TFG, servindoche de proba de lume antes da defensa ante o tribunal universitario pois permitirache obter un feedback moi importante, permitindo mellorar aspectos chave e optando a acadar unha mellor nota no teu traballo.

Non nos enganemos, a maior parte da nota dos tribunais de TFG está basada nunha boa defensa e con este curso estarás nas mellores condicións para enfrontarte a este desafío.

Este curso será impartido por Pablo López, experto en pensamento creativo, Design Thinking e consultor certificado en Creative Problem Solving. É profesor no Máster de innovación Industrial e Optimización de Procesos da UVigo.

O gañador ou gañadora do concurso ademais do diploma acreditativo obterá unha páxina web persoal (dominio e aloxamento web durante un ano) e un curso para potenciar a marca persoal na rede e xestionar a súa web impartido por Pablo Argibay (eu).

  • Datas: 28, 29, 30 de abril e 2 de maio (as datas do concurso están por definir).
  • Horario do curso: 15,30h a 20,30h.
  • Prezo: 60€ (30€ estudantes da UVigo).
  • Código do curso: crea2014
  • Prazas: 25 (por orde de inscrición).
  • Recoñecido 1 ECTS e 2 créditos LE por Comisión Permanente da F.C.E.E.
  • Inscricións: formulario web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *