Carlos Blanco na Facultade

O vindeiro 4 de abril teremos na Facultade a este recoñecido actor galego

O vindeiro 4 de abril teremos na Facultade a este recoñecido actor galego

O vindeiro día 4 de abril celebramos San Vicente Ferrer, Patrón da nosa facultade. Coma tódolos anos, organizaremos torneos de dardos, ping-pong e poker mais este ano como novidade contaremos con unha actuación humorística.

A inscrición nos torneos, que será ata o martes 2 de abril, terá un custe de 5€/persoa para cada un dos torneos. A participación mínima será de 10 persoas para dardos e 6 para ping-pong e poker. Así mesmo para poker, a recompra de 300 fichas terá un custe de 5€.

Premios:

Toda a recadación de cada unha das modalidades será repartida entre os gañadores na mesma proporción que a sinalada máis abaixo, detraendo no seu caso os posibles gastos (de existir).

  • Dardos: Primeiro: 30€, Segundo: 8€
  • Ping-Pong: Primeiro: 25€, Segundo: 5€
  • Poker: Primeiro: 30€

Formulario de inscrición

 

Carlos blanco

Cartaz do evento

Carlos Blanco na UVigo

O prato forte da xornada chegará pola tarde, as 18,00h, pois contaremos con un dos mellores humoristas galegos, Carlos Blanco, que traerá ao salón de Actos da Facultade un camión de gargalladas, que boa falta fan antes dos exames. Esta actuación terá un prezo de 5€ para público xeral e 3€ para estudantes (presentar cartón de estudante), a recadación integra irá destinada á compra de produtos para o Banco de Alimentos Provincial. Agardamos que a iniciativa sexa do voso agrado, contamos con todos e todas vos para pasar un bo anaco, rir xuntos e de camiño axudar á xente que o precisa.

A venda de entradas será na Delegación de Alumnos. Poderás reservar entrada facendo o pagamento na conta da Asociación As Lagoas (0049 6141 95 2890176013) facendo constar o nome e apelidos, indicando no concepto “Patron2013”, deberase presentar o documento de identidade no momento de recollida das entradas.

Para os que non coñezades a Carlos Blanco deixovos un video

Un comentario en “Carlos Blanco na Facultade

  1. Me he apuntado con dos amigos al torneo de poker de este jueves y no hemos puesto en el concepto del ingreso que era para el torneo de poker y como aun no habeis contactado conmigo ni con mis amigos pues os mando este comentario para que me contesteis y me digais la información del torneo. Nuestros nombres son: Miguel A. Pérez, Jorge Hermida y Alejandro Vivas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *