Nov 20

Voluntarizate na Uvigo!!!

Dende a Área de Voluntariado da Universidade de Vigo organízanse durante os días 29 de novembro a 1 de decembro as Xornadas Solidarias. (1ª parte).

cartaz xornadas voluntarizate

xornadas voluntarizate Uvigo

Esta iniciativa pretende dar resposta e canalizar a solidariedade que sabemos que existe na nosa comunidade. Sentir que as cousas poden ser mellores, e que nós podemos ser parte activa deste cambio, é a maior motivación para un voluntario. Ademais disto, non se precisa máis que unha colaboración adaptable coa túa dispoñibilidade e, a maiores da realización e satisfacción persoal obtidas, son moitas as avantaxes: pagamento dos gastos de desprazamento que se xeren como consecuencia do desenvolvemento da actividade, cobertura dun seguro durante a actividade, certificacións e ,xa de cara ao alumnado, posibilidade de recoñecemento de créditos como parte do plan de estudos cursado. Siga lendo

Nov 04

Elección de delegados

elección de delegados de clase

presentate a delegado!!

Durante a vindeira semana dende a delegación tentaremos organizar a elección de delegados nos cursos onde non estean inda elixidos.

A elección de delegados é importante para manter unha comunicación fluída entre os alumnos e os representantes ,  agardamos que esteades interesad@s e que presentedes varias candidaturas 😉

Se tedes algunha dubida xa sabedes que na delegación sempre adoita haber alguén, e senón no foro da web podedes facer calquera pregunta.

Saúdos

Xuñ 28

Aprobados calendarios 2010-2011

Hoxe na comisión permanente da Xunta de Facultade aprobáronse os horarios para o vindeiro curso 2010-2011 (podes descargalos abaixo comprimidos en zip con formatos pdf, odf e doc).

A principal novidade podémola atopar nos calendarios de 1º e 2º de Grao en ADE, onde as datas axustáronse de tal forma que quedase un día libre á semana – luns ou venres – có custe de incluír dúas sesións de titorías, por cuadrimestre, pola tarde. A idea disto é facilitar o traballo autónomo dos estudantes así coma reservar un día que permita o traballo en equipo.

É conveniente que lle botedes unha ollada posto que este ano en ADE poderá elixirse grupo (A, B ou C) cando se formalice a matricula, sempre que queden prazas libres.

Arquivos adxuntos:  calendarios-2010-2011-pdf (formato pdf), calendarios-2010-2011-odf (formato odf), calendarios-2010-2011(formato word)

Xuñ 07

Benvidos a adevigo.es

Benvido a adevigo.es, esta web pretende ser un punto de encontro e comunicación para os alumnos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Nun mundo cada vez máis baseado na internet nas comunicacións a distancia, os estudantes da nosa facultade estamos na obriga de coñecer e desenvolvernos neste medio quizais con maior facilidade que ningún outro profesional, posto que o noso futuro determínano as capacidades que poidamos amosar. Siga lendo