Nov 29

Propón un padriño para o acto de gradación

Como sabedes, para o noso acto de gradación é preciso propor unha persoaxe que nos apadriñe no día da gradación. Esta persoaxe debería ser unha tal que cumpra uns certos criterios tales coma: ser unha persoa recoñecida (preferiblemente empresario/a ou do sector público pero sen perfil político) e que teña unha certa repercusión nos medios. (AVISO: excluidos Amancio Ortega e Rosalía Mera)

Siga lendo

Nov 29

Escolle os profesores da orla

Aquí terás a posibilidade de escoller os profesores/profesoras que vos gustaría que aparecesen na orla, só tedes que seleccionar a tres deles e por os seus nomes completos, nome e dous apelidos (no caso en que teñan dous) para evitar confusións; podedes consultar os nomes dos profesores na web da facultade http://fccee.uvigo.es/profesorado.html

Pídese o documento de identidade para evitar dobles votacións. Non é obrigatorio indicar os tres candidat*s, só un é preciso para enviar o formulario. Siga lendo

Nov 05

Folga xeral

folga xeral

O vindeiro 14 de novembro estamos convocados á defensa dos intereses da maioría social, tralos recortes en servizos públicos básicos como a sanidade e as prestacións sociais unense agora os recortes en educación que non fan máis que condenar a esta sociedade á precariedade e a un futuro incerto, é por iso que os estudantes nos organizamos para facer fronte a todos estes ataques.

O vindeiro 7 de novembro reuniremonos varias delegacións e grupos de alumnos no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ás 14,00h para coordinar accións e facer visible o malestar que domina as aulas, é por iso que te convocamos a ti, si a ti que es estudante a unirte a nos e reclamar o noso dereito a unha educación, sanidade e, en xeral, dos servizos públicos.

Nov 09

Reunión de viaxes paso ecuador/fin carreira

viaxe fin de carreira, paso ecuadorPara o vindeiro Luns 14 de novembro organizaremos unha reunión cos distintos grupos que están a organizar as súas viaxes paso de ecuador ou fin de carreira de Economía e ADE, se estás nalgún deses grupos sería de interese que te achegases pois imos darvos información dunha empresa de venda de artigos especialmente ideados para recadar fondos para este tipo de eventos. Queremos comunicarávolo a todos xuntos posto que teñen ofertas interesantes que poderían chegar a interesarvos colaborando entre os grupos.

Sen máis, agardamos que veñades o luns 14 as 16,30 horas na delegación de alumnos (entre as saídas das aulas 6 e 8 ao corredor exterior)

Ago 04

Problemas coa automatricula

erro durante a automatricula

erro durante a automatricula

Como moitos de vos me indicastes, o día 1 de agosto coa apertura do prazo da automatricula, existiron unha serie de problemas que vos impediron matricularvos. Unha vez postos en contacto co decanato podo confirmarvos que están ao tanto das complicacións, algunhas bastante graves, e dispóñense a arranxar na medida do posible os erros. Pido tranquilidade pois ninguén vai quedar sen matricular, temos a praza asegurada. Siga lendo

Xul 11

Horarios para o curso 2011-2012

horariosPublicamos os horarios de teoría e exames aprobados en comisión permanente o día 8 de xullo para o vindeiro curso académico 2011-2012. Deles sinalar que se aprobou o horario de primeiro por separado do resto, a razón é a implantación dun plan horario piloto ao que nos opuxemos os estudantes presentes e un profesor, sendo aprobado cos votos do resto de profesores. Opuxémonos porque consideramos o novo horario lesivo para o estudantado: plantexanse 14 programacións, unha para cada semana académica do curso, coa inestabilidade para o alumno que isto supón. Siga lendo

Abr 08

I Foro de Perspecitivas Económicas da UVigo

I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Cartaz do I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo

Comprácenos poder presentarvos o I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo, este foro, que nace con vocación de continuidade, ten por obxecto por en común diferentes posturas a respecto da situación económica de España e Galicia, contando coa presenza de importantes personalidades do mundo económico e empresarial tentaremos albiscar o futuro que nos agarda pero non queremos pasar como actores pasivos, xa que o futuro está na universidade tratase de construír un futuro económico sostible coas novas ideas e novos xeitos de entender. Nesta primeira edición o sistema financeiro será o núcleo dada a súa relevancia na actualidade ,e nomeadamente das Caixas de Aforro, polo seu protagonismo nesta reforma. Siga lendo

Mar 15

Xornadas de Introducción ao software libre

Introdución ao software libre

Cartáz das xornadas de iniciación

Queda aberto xa o prazo de inscrición para as Xornadas de Introdución ao software libre na na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Esta xornada pretende achegar aos interesados nas novas tecnoloxías un sistema operativo aberto baseado en software libre, así coma algunhas das aplicacións máis empregadas no eido dos estudos das ciencias económicas e empresariais.

Con este curso, dende a delegación de alumnos, temos a intención  de difundir as bondades do software libre e as aplicacións de código aberto. Perderlle o medo a este tipo de software e a instalación e outro dos obxectivos deste curso, isto conseguirémolo coa primeira actividade, onde se fará unha instalación dun sistema operativo dende cero, en concreto do sistema operativo Trisquel GNU/Linux, un sistema operativo ligado á Universidade de Vigo posto que ten a súa orixe na facultade de Informática de Ourense. Siga lendo