Horarios para o curso 2011-2012

horariosPublicamos os horarios de teoría e exames aprobados en comisión permanente o día 8 de xullo para o vindeiro curso académico 2011-2012. Deles sinalar que se aprobou o horario de primeiro por separado do resto, a razón é a implantación dun plan horario piloto ao que nos opuxemos os estudantes presentes e un profesor, sendo aprobado cos votos do resto de profesores. Opuxémonos porque consideramos o novo horario lesivo para o estudantado: plantexanse 14 programacións, unha para cada semana académica do curso, coa inestabilidade para o alumno que isto supón.

Outro dato a sinalar dos horarios corresponde aos de terceiro, dos que pasa a haber dous grupos (A e B): estes horarios adáptanse a unha soa franxa horaria de mañá tanto para teoría coma practica salvo para o grupo B4 que terá luns e martes teoría de mañá e de luns a xoves de 16,00 a 18,30 h a súa franxa de prácticas. O resto dos horarios son bastante conservadores mantendose a estrutura do ano pasado liberando as tardes dos grupos de mañá e viceversa para os da tarde (o pasado curso os grupos de 2º tiñamos titorías algún xoves que neste modelo elimínanse).

Anexo tamén as guías docentes que foron aprobadas (co voto a favor só dalgúns profesores e de ningún alumno) tamén nesta comisión permanente para o vindeiro curso.

Recordarvos tamén que o vindeiro curso comeza o día 5 de setembro de 2011 e o período de matricula o 1 de agosto.

Horarios Teoría 2011-2012

Horarios Exames 2011-2012

Guias Docentes 2011-2012

7 Comentarios en “Horarios para o curso 2011-2012

    • O “día libre” será para o grupo A o venres e para o grupo B o xoves, pero non é un día libre ao uso, é un día de actividades varias e recuperación de aulas perdidas (por festivos, conferencias,…)

    • Certamente polo que me contaron é vergoñento, tódolos anos ocorre algunha incidencia, máis sendo unha coma esta que crea agravios comparativos entre a xente…
      Comentarémolo na próxima xunta de centro (xa non será a primeira vez que se faga pero por reiterar que non quede)
      Saúde

  1. los representantes de los alumnos estan haciendo algo para que el decano o kien sea arregle el problema de la autromatricula?? xk yo estoy kansada de yamar y k me digan k el decano esta de vacaciones y k yame el 1 de septiembre aer si saben algo ….

    • A ver Fátima, como está explicado arriba (e como che dixen a ti) ata setembro é difícil arranxar o problema posto que a xente está de vacacións e as asignacións faranse de xeito manual. Os representantes de alumnos estamos a facer o que se pode (pouco, é certo, pero o que se pode).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *