Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Case non comezou o curso pero a Delegación de Alumnos non para por vacacións.

Sabes que é un Pitch Elevator? Desing Thinking? Pensamento Lateral? ou Networking?

Creo que isto pode interesarche, segue lendo!

Durante os derradeiros meses estivemos traballando con Pablo López, CEO de Thinking Business, nun interesante, e ambicioso proxecto.

Trátase, como di o título da entrada, dun curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para persoas con inquedanzas que desexan levar adiante os seus propios proxectos (programa completo). Neste curso, inserido dentro dos cursos de Extensión Universitaria da UVigo (con 2 créditos LE e 1 ECTS recoñecidos), os e as asistentes atoparanse con técnicas que permiten extraer o máximo potencial das persoas facilitandolle a posta en marcha ideas de negocio innovadoras.

Durante as 6 xornadas do curso terás a posibilidade de por en práctica os coñecementos adquiridos, supervisado por un experto en cada unha das areas ou técnicas despregadas cada un dos días, ademais, traballarás en equipo con outras persoas ás que quizais non coñezas e posiblemente teñan ideas totalmente distintas ás túas polo que deberás ter unha mente aberta.

Lembra que vivimos nun mundo enorme onde queda moito por inventar, non agardes a que o futuro chegue, vai a por el e contrúeo!

Información para a matrícula:

Ficha do curso na web de Extensión universitaria

Para matricularte deberás facelo a través do formulario dispoñible na web de extensión universitaria (instruccións).

Este curso ten unhas taxas de 50€, sendo 37,50€ para a comunidade universitaria.

2 Comentarios en “Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *