Excel 2007 – Medio e Avanzado

Cursos de Excel 2007 da delegación de alumnos ADE ECO UvigoDurante este cuadrimestre, e tralo éxito da edición anterior, desenvolveremos varios cursos sobre a Suit de ofimática Microsoft Office 2007.

Neste caso comprácenos presentarvos o curso sobre a ferramenta Microsoft Excel 2007 en dous niveles: Excel II (Medio) e Excel III (Avanzado).

Excel II

Cartaz Excel 2007 delegación de alumnos uvigo

Trátase do mesmo curso desenvolvido no primeiro cuadrimestre e está destinado a persoas cuns coñecementos intermedios de excel que desexen coñecer ferramentas fundamentais do programa e algunhas non tan coñecidas pero si moi útiles e empregadas no mundo empresarial.

Datas: Este curso desenvolverase entre os días 4 ao 19 de febreiro (salvo os festivos), de 16,00h a 18,30h. Ten concedidos 2 créditos LE e 1 crédito ECTS pola FCEE.

Prazas: 25 postos

Inscrición: ata o día 28 de Xaneiro, por rigorosa orde de entrega dos xustificantes de pago.

Código do curso: EX2

Descarga o programa.

Excel III

Curso Excel 2007 nivel III avanzadoEste curso de Excel avanzado está destinado as persoas que xa participaron no curso excel II (primeiro cuadrimestre) ou a aquelas cuns coñecementos específicos sobre a folla de cálculo que desexen profundizar en temáticas coma as taboas dinámicas.

Datas: Este curso desenvolverase entre os días 11 ao 22 de Marzo, de 16,00h a 18,30h. Ten concedidos 2 créditos LE e 1 crédito ECTS pola FCEE.

Prazas: 25 postos

Inscrición: ata o día 4 de Marzo, por rigorosa orde de entrega dos xustificantes de pago na delegación de alumnos.

Código do curso: EX3

Descarga o programa.

————————-

Prezo: Cada curso ten un custe de 30€ que deberán ser aboados na conta habilitada no Banco Santander (indícase no formulario de inscrición http://ir.gl/cursos-delegacion).

Cando fagades o ingreso deberedes indicar os seguintes datos:

  • Nome e Apelidos
  • Concepto: código do curso

Calquera pregunta non dubidedes en consultar nesta mesma web, en facebook ou na delegación de alumnos entre as 9,00h e as 12,30h.

4 Comentarios en “Excel 2007 – Medio e Avanzado

    • Ola Laura,
      A partires do día 15 teremos o formulario habilitado que se publicará nesta mesma web. Nese formulario indicarase o número de conta e dende ese momento xa poderedes empezar a realizar o pagamento na oficina de do Banco Santander da vosa elección.
      Saúde

    • Ola Pedro,
      o formulario estará nesta mesma web dende o día 15, os xustificantes deberedes entregalos na Delegación de Alumnos da nosa Facultade 😉
      Nota: Vou engadir as respostas a estas dúbidas na publicación
      Saúde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *