Curso de Dereito Laboral

Cartaz curso de dereito laboral delegación de alumnos facultade de ciencias economicas e empresariais uvigo

Prazas Esgotadas

O curso que vos presentamos a continuación ven en resposta as continuas demandas realizadas por moitos compañeiros e compañeiras a esta delegación, trátase dun curso sobre contratos, nóminas e seguridade social.

Como sabedes a elaboración de nóminas e contratos é algo fundamental cando se vai pedir traballo a calquera empresa, con este curso poderás profundizar e profesionalizar os teus coñecementos sobre esta materia, cubrindo parte das lagoas deixadas polos programas de estudos reglados.

Datas: Este curso desenvolverase entre os días 29 de Xaneiro ao 7 de Febreiro, de 16,00h a 20,00h. Ten concedidos 2 créditos LE e 1 crédito ECTS pola FCEE.

Prazas: 30 postos

Inscrición: ata o día 25 de Xaneiro, por rigorosa orde de entrega dos xustificantes de pago na Delegación de Alumnos da nosa Facultade.

Código do curso: DL

Descarga o programa.

Prezo: Este curso ten un custe de 20€ que deberán ser aboados na conta habilitada no Banco Santander (indícase no formulario de inscrición http://ir.gl/cursos-delegacion).

Cando fagades o ingreso deberedes indicar os seguintes datos:

  • Nome e Apelidos
  • Concepto: código do curso

Calquera pregunta non dubidedes en consultar nesta mesma web, en facebook ou na delegación de alumnos entre as 9,00h e as 12,30h.

17 Comentarios en “Curso de Dereito Laboral

  1. Hola!
    Estoy bastante interesada en este curso, para anotarse que vais a publicar un formulario aquí a partir del día 15 o el día 15 vamos al banco santander e ingresamos??
    En qué sucursal?? en la de la universidad o vale cualquiera?? (supongo que es en la de la universidad puesto que no facilitáis un número de cuenta).
    Un saludo y muchas gracias!

    • A partires do día 15 teremos o formulario habilitado que se publicará nesta mesma web, nese formulario indicarase o número de conta e dende ese momento xa poderedes empezar a realizar o pagamento na oficina de do Banco Santander da vosa elección.
      Saúde

  2. Hola. Me he matriculado el primer día en este curso, pero por causas ajenas a mi no voy a poder asistir. Como tengo que hacer para darme de baja?

    Gracias.

    • Ola Leticia,
      Para ter praza reservada era preciso ter feito o pagamento (e entregado o resgardo), se non fixeches isto, non te preocupes, a praza queda vacante para outra persoa 😉
      Saúde

  3. Creo que no nos estamos entendiendo. Ya sé que tengo plaza reservada, pero no voy a poder ir, y mi pregunta es como puedo hacer para darme de baja, a quién me tengo que dirigir, o dónde tengo que ir

    • Desculpa, resposto tantas preguntas e correos que acabo perdendo o fío.
      Anulamoche a reserva, cando remate o prazo de inscrición pasa por delegación e explicamosche como che devolvemos os cartos.
      Saúde

    • Ola María,
      Inda non enviamos ningún correo, pedimos un cambio de aulas e estamos pendentes de que nolo confirmen. Mañá mesmo enviaremos de mañá un correo aos que estades inscritos.
      Tedes que desculpar a tardanza.

      Saúde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *