Curso Access 2007

Curso Access 2007 da delegación de alumnos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Uvigo

Prazo inda aberto!!

Este cuadrimestre como novidade ofertamos un curso de introdución a Microsoft Access 2007. Trátase do programa de bases de datos da Suit Microsoft Office, unha ferramenta moi demandada no ámbito empresarial e o complemento perfecto para a folla de cálculo Microsoft Excel.

Access I

Este curso de Access I está destinado a persoas interesadas en obter os fundamentos da base de datos Access e o seu funcionamento. Trátase dunha introdución ao deseño e xestión de bases de datos, algo fundamental a día de hoxe para calquera pequena e mediana empresa.

Datas: Este curso desenvolverase entre os días 25 de Febreiro ao 8 de Marzo, de 16,00h a 18,30h. Ten concedidos 2 créditos LE e 1 crédito ECTS pola FCEE.

Prazas: 25 postos

Inscrición: ata o día 18 de Febreiro ata rematar prazas, por rigorosa orde de entrega dos xustificantes de pago.

Código do curso: AC1

Descarga o programa.

Prezo: Este curso ten un custe de 30€ que deberán ser aboados na conta habilitada no Banco Santander (indícase no formulario http://ir.gl/cursosdelegacion).

Cando fagades o ingreso deberedes indicar os seguintes datos:

  • Nome e Apelidos
  • Concepto: código do curso

Calquera pregunta non dubidedes en consultar nesta mesma web, en facebook ou na delegación de alumnos entre as 9,00h e as 12,30h.

2 Comentarios en “Curso Access 2007

  1. Hola,

    Me gustaría saber si es posible, en que días exactamente se impartirá este curso, si hay que llevar ordenador y cuál es el sistema de evaluación o requisitos para obtener el título.

    Muchas gracias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *