Conferencia Design Thinking

Conferencia Design ThinkingTempos novos, revoltas, turbulencias… a día de hoxe nun mundo tan cambiante non hai nada que se poida asegurar con total certeza… ou si, que nos vindeiros anos botaremos a vista atrás e diremos: “non pode ser!”, nada será igual, nin nos mesmos seremos as mesmas persoas

E diredes, a que ca****o ven este tipo contar estas historias, pois ven, o vindeiro martes 22 de xaneiro as 16,30 horas teremos no Salón de Graos da nosa Facultade a conferencia “Design Thinking: busqueda de soluciones creativas a retos actuales” a cargo de Pablo López, experto en ferramentas para a innovación empresarial.

Que é o Design Thinking?

En poucas palabras trátase dun conxunto de métodose procesos para abordar problemas, relacionados coa adquisición de información, análise do coñecemento e proposta de solucións. A creatividade para a xeración de solucións e a razón para adaptar esas solucións ao contexto no que nos atopamos.

Nun contexto cada vez máis volatil é fundamental abordar os problemas con solucións creativas que incluan coñecementos multidisciplinares. Pablo daranos unha visión xenerica deste mundo tan amplo que nos permitirá atisbar a potencialidade desta nova caixa de ferramentas clave para o noso futuro.

Agardovos alí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *