Benvidos a adevigo.es

Benvido a adevigo.es, esta web pretende ser un punto de encontro e comunicación para os alumnos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Nun mundo cada vez máis baseado na internet nas comunicacións a distancia, os estudantes da nosa facultade estamos na obriga de coñecer e desenvolvernos neste medio quizais con maior facilidade que ningún outro profesional, posto que o noso futuro determínano as capacidades que poidamos amosar.

O nacemento desta web como foro nestes primeiros meses de vida non foi moi exitosa, por elo decidimos cambiar o formato, nesta nova etapa mantense o foro pero como parte supletoria, quedando como páxina principal este blogue. A idea é que todos poidamos participar: mediante o foro, nos comentarios ou inclusive escribindo algún artigo para este blogue. Intentarase que teña publicacións periódicas sobre temas interesantes para nos: algunha entrevista, artigos,… Sería xenial que participase algún/a profesor/a sobre temas relacionados co traballo desenvolvido nas clases ou coas investigacións que están desenvolvendo.

Saudos

pd: se tendes algunha suxeréncia, do tipo que sexa, facédea chegar mediante as mensaxes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *