Quen é Pablo Argibay Portela

Curso o Máster de Innovación Industrial e Optimización de Procesos na Universidade de Vigo e son Graduado en Administración e Dirección de Empresas pola mesma universidade. Firme defensor da cultura libre e convencido de que un mundo mellor é posible. http://pabloargibay.es
Out 13

Xornadas Design Thinking

Conferencia Design ThinkingOs vindeiros días 4, 6 e 7 de novembro contaremos con Pablo López na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que como especialista na técnica do Design Thinking amosaranos algúns dos seus segredos para explotar o potencial que temos gardado dentro.

Cómo? que inda non sabes que é o design thinking??

Que é o Design Thinking?

En poucas palabras trátase dun conxunto de métodos e procesos para abordar problemas, relacionados coa adquisición de información, análise do coñecemento e proposta de solucións. A creatividade para a xeración de solucións e a razón para adaptar esas solucións ao contexto no que nos atopamos. Siga lendo

Abr 01

Presentacións creativas

Cartaz do curso Presentacións Creativas

Cartaz do curso Presentacións Creativas

Temos o pracer de presentarvos un curso no que levamos bastante tempo traballando, tratase do curso de Presentacións Creativas. Con este curso búscase incrementar as habilidades dos alumnos e alumnas a hora de expoñer ideas de xeito efectivo ante un público ou tribunal.

Está pensado especialmente para persoas que teñan a necesidade de transmitir ideas a grupos ou equipos así coma as persoas que deban defender traballos fronte un tribunal, como pode ser o do Traballo Fin de Grao (TFG).

Instruiraste nos fundamentos do pensamento creativo, a como enfocar e a darlle unha volta ó xeito de pensar, a rachar os esquemas mentais que nos limitan a hora de explotar o noso potencial. Siga lendo

Mar 19

Re-Activa a túa creatividade

Curso de creatividade con Pablo López

Curso de creatividade con Pablo López

O martes da vindeira semana dará comezo un curso de creatividade “Re-Activa a túa creatividade” nas instalacións de Espacio Nido de Vigo.

Nesta ocasión o noso colaborador e amigo Pablo López traballará cos participantes sobre ferramentas dirixidas a liberar a creatividade que hai dentro de todos e todas nos, axudandonos a rachar as barreiras que nos impoñemos moitas veces á hora de deixar sair novas ideas. Siga lendo

Mar 11

3 Day StarUp en Vigo

A 3 Day StartUp en vigo os 4, 5 e 6 de abril

A 3 Day StartUp en vigo os 4, 5 e 6 de abril

Tes unha idea?, espítito emprendedor?, ferveche o cu porque non sabes como sacar xugo o teu potencial? pois tes unha cita!

Os vindeiros 4, 5 e 6 de abril celebrarase en Vigo a primeira “3 Day StartUp”, trátase dun evento onde se xunta o mellor de cada casa para sacar xugo a esas ideas que sempre rondan na cabeza e non atopan un lugar por onde saír.

Na 3DS atoparás xente coma ti, coas mesmas inquedanzas e en busca dos compañeiros e compañeiras axeitadas para definir e levar a diante eses soños que sempre rondan a túa mente.

Porque non probar? Na 3DS axudaran os participantes a desenvolver as súas capacidades, explotar os coñecementos que non sabes que tes e a ser quen de chegar o teu cliente. Como? deberás ir para sabelo.

Inscribrete, é totalmente de balde! http://vigo.3daystartup.org/

(lembra que as inscricións rematan o 17 de marzo, o vindeiro luns!)

Set 06

Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para Emprendedores

Case non comezou o curso pero a Delegación de Alumnos non para por vacacións.

Sabes que é un Pitch Elevator? Desing Thinking? Pensamento Lateral? ou Networking?

Creo que isto pode interesarche, segue lendo!

Durante os derradeiros meses estivemos traballando con Pablo López, CEO de Thinking Business, nun interesante, e ambicioso proxecto.

Trátase, como di o título da entrada, dun curso de Ferramentas de Innovación Empresarial para persoas con inquedanzas que desexan levar adiante os seus propios proxectos (programa completo). Neste curso, inserido dentro dos cursos de Extensión Universitaria da UVigo (con 2 créditos LE e 1 ECTS recoñecidos), os e as asistentes atoparanse con técnicas que permiten extraer o máximo potencial das persoas facilitandolle a posta en marcha ideas de negocio innovadoras. Siga lendo

Mar 20

Carlos Blanco na Facultade

O vindeiro 4 de abril teremos na Facultade a este recoñecido actor galego

O vindeiro 4 de abril teremos na Facultade a este recoñecido actor galego

O vindeiro día 4 de abril celebramos San Vicente Ferrer, Patrón da nosa facultade. Coma tódolos anos, organizaremos torneos de dardos, ping-pong e poker mais este ano como novidade contaremos con unha actuación humorística.

A inscrición nos torneos, que será ata o martes 2 de abril, terá un custe de 5€/persoa para cada un dos torneos. A participación mínima será de 10 persoas para dardos e 6 para ping-pong e poker. Así mesmo para poker, a recompra de 300 fichas terá un custe de 5€. Siga lendo

Xan 17

Conferencia Design Thinking

Conferencia Design ThinkingTempos novos, revoltas, turbulencias… a día de hoxe nun mundo tan cambiante non hai nada que se poida asegurar con total certeza… ou si, que nos vindeiros anos botaremos a vista atrás e diremos: “non pode ser!”, nada será igual, nin nos mesmos seremos as mesmas persoas

E diredes, a que ca****o ven este tipo contar estas historias, pois ven, o vindeiro martes 22 de xaneiro as 16,30 horas teremos no Salón de Graos da nosa Facultade a conferencia “Design Thinking: busqueda de soluciones creativas a retos actuales” a cargo de Pablo López, experto en ferramentas para a innovación empresarial. Siga lendo