Feb 03

Solicitude de taquilla

A partir de hoxe, 3 de febreiro, podes solicitar a túa taquilla pulsado aquí.

Debes encher o formulario e subir unha copia da matrícula (como se indica no propio link).

O prazo estará aberto ata o 16 de febreiro.

Despois asignaremos as taquillas e  publicaremos unha lista co reparto (sempre que as taquillas estén numeradas por Decanato).

Nov 09

Reunión de viaxes paso ecuador/fin carreira

viaxe fin de carreira, paso ecuadorPara o vindeiro Luns 14 de novembro organizaremos unha reunión cos distintos grupos que están a organizar as súas viaxes paso de ecuador ou fin de carreira de Economía e ADE, se estás nalgún deses grupos sería de interese que te achegases pois imos darvos información dunha empresa de venda de artigos especialmente ideados para recadar fondos para este tipo de eventos. Queremos comunicarávolo a todos xuntos posto que teñen ofertas interesantes que poderían chegar a interesarvos colaborando entre os grupos.

Sen máis, agardamos que veñades o luns 14 as 16,30 horas na delegación de alumnos (entre as saídas das aulas 6 e 8 ao corredor exterior)

Ago 04

Problemas coa automatricula

erro durante a automatricula

erro durante a automatricula

Como moitos de vos me indicastes, o día 1 de agosto coa apertura do prazo da automatricula, existiron unha serie de problemas que vos impediron matricularvos. Unha vez postos en contacto co decanato podo confirmarvos que están ao tanto das complicacións, algunhas bastante graves, e dispóñense a arranxar na medida do posible os erros. Pido tranquilidade pois ninguén vai quedar sen matricular, temos a praza asegurada. Siga lendo

Xul 11

Horarios para o curso 2011-2012

horariosPublicamos os horarios de teoría e exames aprobados en comisión permanente o día 8 de xullo para o vindeiro curso académico 2011-2012. Deles sinalar que se aprobou o horario de primeiro por separado do resto, a razón é a implantación dun plan horario piloto ao que nos opuxemos os estudantes presentes e un profesor, sendo aprobado cos votos do resto de profesores. Opuxémonos porque consideramos o novo horario lesivo para o estudantado: plantexanse 14 programacións, unha para cada semana académica do curso, coa inestabilidade para o alumno que isto supón. Siga lendo

Nov 04

Elección de delegados

elección de delegados de clase

presentate a delegado!!

Durante a vindeira semana dende a delegación tentaremos organizar a elección de delegados nos cursos onde non estean inda elixidos.

A elección de delegados é importante para manter unha comunicación fluída entre os alumnos e os representantes ,  agardamos que esteades interesad@s e que presentedes varias candidaturas 😉

Se tedes algunha dubida xa sabedes que na delegación sempre adoita haber alguén, e senón no foro da web podedes facer calquera pregunta.

Saúdos

Xuñ 28

Aprobados calendarios 2010-2011

Hoxe na comisión permanente da Xunta de Facultade aprobáronse os horarios para o vindeiro curso 2010-2011 (podes descargalos abaixo comprimidos en zip con formatos pdf, odf e doc).

A principal novidade podémola atopar nos calendarios de 1º e 2º de Grao en ADE, onde as datas axustáronse de tal forma que quedase un día libre á semana – luns ou venres – có custe de incluír dúas sesións de titorías, por cuadrimestre, pola tarde. A idea disto é facilitar o traballo autónomo dos estudantes así coma reservar un día que permita o traballo en equipo.

É conveniente que lle botedes unha ollada posto que este ano en ADE poderá elixirse grupo (A, B ou C) cando se formalice a matricula, sempre que queden prazas libres.

Arquivos adxuntos:  calendarios-2010-2011-pdf (formato pdf), calendarios-2010-2011-odf (formato odf), calendarios-2010-2011(formato word)