Dec 20

Día extra para as fotos da orla

O día extra para sacarse as fotos para as orlas na facultade será o 8 de xaneiro as 10 da mañá.

As fotos realizaránse por orde de chegada. Lembramos que ao sacar a foto debedes:

  • indicar o pack elexido
  • abonar o prezo
  • levar unha foto de pequenos no caso de querer sair na foto infanti

Un saúdo e felices festas!

Dec 17

Padriño de graduación 2014

Tras realizar o reconto das votacións da anterior semana, comunicámovos que o candidato gañador foi Santiago Vazquez, director de recursos humanos de R.

Hoxe falei con el por teléfono e confirmounos a súa asistencia a nosa graduación como padriño e transmitíume o seu agradecemento por ser escollido.

Se queredes máis información ou ver algúns vídeos, lembrámovos que en youtube podedes atopar varios.

Aproveito a ocasión para recordar que o vernes publicaremos a fecha para as orlas de erasmus e o resto de xente que non sacara as fotos nestes dous días, e de que ata o remate do período de exames non nos adicaremos a estes temas.

Un saúdo

Dec 13

Profesores invitados as orlas

Bos días.

Tras pecharse o pasado mércores a votación dos profesores para as orlas, onte fixemos o reconto e entregamos a invitación aos 10 profesores máis votados de cada titulación. Estes profesores son os seguintes:

*GECO

  • Dolores Garza
  • Francisco Torres
  • Jorge Falagan
  • Chelo Pazó
  • Francisco Teixeira
  • Fidel Castro
  • Xose Carlos Arias
  • Marisol
  • Ana Esther
  • Argimiro Rojo

*GADE

  • Leticia
  • Alberto Gago
  • Carlos Ferro
  • Cabanelas Omil
  • Jorge Falagan
  • Belén
  • Blanca
  • Esther
  • Nika
  • Tony
  • Mº José García Rodríguez
  • Loli Ferrero Martínez
Out 28

Cuestionario para a gradación, orlas e cea

Como xa vos comentamos na reunión da semana pasada, aquí tedes o cuestionario a cubrir (non vos levará máis dun minuto) para que podamos poñernos en contacto con vos e ter unha pouca de información para tratar de xestionar o acto o mellor posible.

Recordámovos que este cuestionario estará aberto ata o próximo vernes 15 de novembro

https://docs.google.com/forms/d/1VYa3e9mlUMaGPjuyDqPSLE–H3KCcrFZC_aRhNcG7jY/viewform

 

Abr 05

Reelección cea da Gradación

Escolle restaurante

Escolle restaurante para a gradación

Vólvese a abrir o formulario para a elección do restaurante para a cea de Gradación. Tedes os distintos presupostos nun mismo documento, debedes escoller a que vos pareza mellor opción no formulario final:

Nota: Todas as ceas comezarían ás 22,00 horas e todos os menús inclúen o desprazamento en autobús.

Enlace ós menús.

 

Unha vez vistos os distintos menús, escolle o restaurante que máis che guste na seguinte ligazón Formulario

Nov 29

Propón un padriño para o acto de gradación

Como sabedes, para o noso acto de gradación é preciso propor unha persoaxe que nos apadriñe no día da gradación. Esta persoaxe debería ser unha tal que cumpra uns certos criterios tales coma: ser unha persoa recoñecida (preferiblemente empresario/a ou do sector público pero sen perfil político) e que teña unha certa repercusión nos medios. (AVISO: excluidos Amancio Ortega e Rosalía Mera)

Siga lendo

Nov 29

Escolle os profesores da orla

Aquí terás a posibilidade de escoller os profesores/profesoras que vos gustaría que aparecesen na orla, só tedes que seleccionar a tres deles e por os seus nomes completos, nome e dous apelidos (no caso en que teñan dous) para evitar confusións; podedes consultar os nomes dos profesores na web da facultade http://fccee.uvigo.es/profesorado.html

Pídese o documento de identidade para evitar dobles votacións. Non é obrigatorio indicar os tres candidat*s, só un é preciso para enviar o formulario. Siga lendo