8
I Foro de Perspecitivas Económicas da UVigo
1 Comment · Posted by pargibay in actividades, delegación
Comprácenos poder presentarvos o I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo, este foro, que nace con vocación de continuidade, ten por obxecto por en común diferentes posturas a respecto da situación económica de España e Galicia, contando coa presenza de importantes personalidades do mundo económico e empresarial tentaremos albiscar o futuro que nos agarda pero non queremos pasar como actores pasivos, xa que o futuro está na universidade tratase de construír un futuro económico sostible coas novas ideas e novos xeitos de entender. Nesta primeira edición o sistema financeiro será o núcleo dada a súa relevancia na actualidade ,e nomeadamente das Caixas de Aforro, polo seu protagonismo nesta reforma.
Martes 12 de Abril
10.30h Inauguración das xornadas
-D. Santiago Gómez Fraiz, Decano da Facultade
10.45h Mesa de debate: “A economía española ante o futuro”
-D. Albino Prada Blanco, profesor titular de Economía Aplicada UVigo
-D. Eduardo L. Giménez, profesor titular da UVigo
12.15h Descanso
12.30h Conferencia: “A situación da Economía española. Expectativas”
-D. Luis González Calbet, Subdirector General de Análisis e Modelización (MEH)
14.00h Fin da xornada
Mércores 13de Abril
10.30h Mesa redonda: “O sistema financeiro”
-D. José A. Novo Peteiro, profesor titular de ADE da UdC
-D. Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicada
11.45h Descanso
12.00h Conferencia:
-D. Arturo Dopico, Director Executivo de R
13.30h Remate da xornada
Xoves 14 de Abril
10.30h Mesa de debate: “A saída de Galicia da crise”
- Portavoz de Economía do PPdeG
-D.Jaime Aneiros Pereira,representante do PSdG
-D. Fernando Blanco, Portavoz de Economía do BNG
12.30h Clausura das xornadas
Intervención e saúdo do Reitor, D. Salustiano Mato de la Iglesia
Para facilitar o seguimento destas conferencias, todas serán gravadas e poderán descargarse de: http://tv.uvigo.es/gl/category/T6.html#T6-1
Así mesmo, e polo seu interese, o debate do xoves 14 ás 10.30, poderá seguirse en directo dende a ligazón que continúa: http://tv.uvigo.es/gl/directo/1.html
Para máis información podedes pórvos en contacto connosco no seguinte enderezo: rauvigo@gmail.com
Agardámosvos!!
conferencia · debate · delegación alumnos · economía · foro · uvigo



El cuerpo no da más · 18 Abril, 2011 ás 16:18
[...] último, esta misma semana pasada se desenvolvió el I Foro de Perspectivas Económicas da Universidade de Vigo, un foro con vocación de futuro que este año centró su temática en la [...]