adevigo.es | Estudantes de Economía e ADE da Universidade de Vigo

Mar/11

15

Xornadas de Introducción ao software libre

Compartir en Tuenti Xornadas de Introducción ao software libre
Introdución ao software libre

Cartáz das xornadas de iniciación

Queda aberto xa o prazo de inscrición para as Xornadas de Introdución ao software libre na na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Esta xornada pretende achegar aos interesados nas novas tecnoloxías un sistema operativo aberto baseado en software libre, así coma algunhas das aplicacións máis empregadas no eido dos estudos das ciencias económicas e empresariais.

Con este curso, dende a delegación de alumnos, temos a intención  de difundir as bondades do software libre e as aplicacións de código aberto. Perderlle o medo a este tipo de software e a instalación e outro dos obxectivos deste curso, isto conseguirémolo coa primeira actividade, onde se fará unha instalación dun sistema operativo dende cero, en concreto do sistema operativo Trisquel GNU/Linux, un sistema operativo ligado á Universidade de Vigo posto que ten a súa orixe na facultade de Informática de Ourense.

O curso, ademais da instalación, permitiranos coñecer o escritorio do sistema Trisquel GNU/Linux, os principais programas incluídos na instalación básica así coma outros que poden resultar interesantes para o traballo diario dos estudantes e docentes da nosa facultade:

  • Aplicacións de oficina coma editores de texto, follas de calculo, presentacións, debuxo,…
  • Traballo en liña: gobby, abiword,..
  • Aplicacións matemáticas para estudos estatísticos, calculo matemático,
  • Instalación de aplicacións: dende repositorios, dende arquivos executábeis,

No tags

1 comment

  • El cuerpo no da más · 17 Abril, 2011 ás 23:21

    [...] segunda actividade na que participei moi activamente foi nas Primeiras Xornadas de Introdución ao Software Libre, nestas xornadas que organizamos e impartimos (moi modestamente, todo hai que dicilo) dende a [...]

    Responder

Leave a Reply

<<

>>

Theme Design by devolux.nh2.me